O presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe, no Concello de Barbadás, na presentación do 7º RallyMix Concello de Barbadás “Memorial Gonzalo Belay”, co que colaboran ambas institucións provinciais.
O RallyMix será “unha proba que converterá a Barbadás e a Ourense na capital do automobilismo galego”, dixo Rosendo Fernández. A proba, decana dos Rallymix de Galicia, retorna tras un ano de parón e faino coa participación de 49 inscritos que se darán cita en Barbadás os días 16 e 17 de outubro.
Esta sétima edición mantén a máxima puntuación dentro do calendario, e o seu percorrido retoma o da primeira edición cunha pequena modificación ao seu comezo.
En canto aos horarios, o sábado, 16 de outubro, haberá tres pasadas ás 12.00, ás 14.30 e ás 17.00 horas; e o domingo serán dúas ás 9.00 e ás 11.30 horas. Finalmente, a entrega de premios farase no Concello ás 13.30 horas.
Presentación da 7ª edición do Rallie Mix Barbadas. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidete da Deputación Ourense), Manuel Pérez González (Xefe de Deprotes da Xunta en Ourense), Javier Barja Álvarez (Tenente da Garda Civil), Pepe Sampayo Méndez (Director do Rallie Mix Barbadás), Victoria Morenza Doforno (Conelleira Urbanismo de Barbadás), Abel Cortés (Concelleiro Deportes de Barbadás), Julio Bouzo Couceiro (Presidente Escudería Ourense), Jorge Cachaldora Seoane (Xefe de Protocolo do Rallie de Ourense) e Elsa Barreiros Rodríguez (Relacións Públicas do Rallie Mix Barbadás). Presentación da 7ª edición do Rallie Mix Barbadas. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidete da Deputación Ourense), Manuel Pérez González (Xefe de Deprotes da Xunta en Ourense), Javier Barja Álvarez (Tenente da Garda Civil), Pepe Sampayo Méndez (Director do Rallie Mix Barbadás), Victoria Morenza Doforno (Conelleira Urbanismo de Barbadás), Abel Cortés (Concelleiro Deportes de Barbadás), Julio Bouzo Couceiro (Presidente Escudería Ourense), Jorge Cachaldora Seoane (Xefe de Protocolo do Rallie de Ourense) e Elsa Barreiros Rodríguez (Relacións Públicas do Rallie Mix Barbadás).