Técnicos do Inorde ofrecen unha visita ténica centrada no cultivo do viño aos visitantes que participaron no tren turística da ruta de Monterrei

O Inorde colabora co Consello Regulador da Denominacion de Orixe Monterrei nas rutas do viño, ofrecendo unha visita técnica centrada no cultivo da viña a cargo do persoal técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde.

A xornada formativa tivo lugar na finca experimental que está situada no Concello de Monterrei, que forma parte da rede de fincas de ensaios do Inorde, e que está enmarcada no programa de rutas do viño.

Ao longo de dita visita, prestouse especial atención aos programas de dixitalización en viña desenvolvidos polo Inorde e as novas liñas de investigación centradas na atenuación dos efectos do cambio climático no cultivos da viña.

Precisamente, esta foi a última saída que houbo pola ruta do viño de Monterrei. Os visitantes continúan a súa viaxe coñecendo o castelo, os seus caldos desta D. O. , irán a Verín e Allariz, e mergullaranse na cultura ourensá coa visita ao Museo Moncho Borrajo.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email