Última xornada de dixitalización do sector do mel na Veiga, organizada polo Inorde

O Centro de Desenvolvemento Rural da Veiga acolleu hoxe a última xornada de dixitalización do sector do mel que está a promover o Inorde a través do proxecto europeo Red Agriconect 4.0.

A xornada estivo centrada​ nas novas tecnoloxías e a dixitalización aplicada ás colmeas. Durante as mesmas, afondarase no control remoto do estado das colmeas, a dixitalización e o uso de novas tecnoloxías no colmear, a organización e planificación dos traballos e a instalación óptima dun novo colmear.

Con esta última acción formativa, péchase un ciclo de xornadas que se celebraron en diferentes municipios da provincia, para achegar a dixitalización nos sectores do mel e da castaña á veciñanza interesada no tema.

O proxecto Red Agriconect 4.0, do que o Inorde é socio, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: