Ourense, 27 de agosto de 2021.-Técnicos da empresa Timac Agro, punteira no sector da fertilización do cultivo, visitaron acompañados por persoal do Inorde, a finca de ensaios Antela desta mesma institución, para recabar datos e comprobar in situo funcionamento dos seus produtos, xa que están a colaborar co Inorde na realización dun campo de ensaio no que testar diferentes produtos biorracionais no cultivo da pataca.
Esta iniciativa de Timac Agro pretende profundizar na busca de novos produtos bioeficientes baseados nunha acción probiótica destinada a enriquecer a vida microbiana do solo mediante a creación de relacións simbióticas entre os propios organismos do solo e as cepas seleccionadas, todo elo co obxectivo de mellorar os procesos tanto nutricionais como de protección diante de pragas e enfermidades.
Para o Inorde é importante levar a cabo un coidado óptimo das condicións de cultivo para certificar un respecto total e absoluto do medio natural, razón pola cal os ensaios de campo que se levan a cabo para desenvolver este tipo de produtos, representan unha porcentaxe importante das experiencias de campo que realiza dito organismo.