Xornada de dixitalización do sector do mel en Barbadás, organizada polo Inorde

A Sede de Agrupación Apícola no Centro de Emprendemento Transfronteirizo en O Pontón, no Concello de Barbadás acolleu hoxe a xornada de dixitalización do sector do mel que está a promover o Inorde a través do proxecto europeo Red Agriconect 4.0.

A xornada estivo centrada​ nas novas tecnoloxías e a dixitalización aplicada ás colmeas. Durante as mesmas, afondarase no control remoto do estado das colmeas, a dixitalización e o uso de novas tecnoloxías no colmear, a organización e planificación dos traballos e a instalación óptima dun novo colmear.

A seguinte e última acción formativa que analizará novamente a dixitalización no sector do mel terá lugar mañá xoves, 16 de decembro, no Centro de Desenvolvemento Rural do Concello da Veiga. Os interesados en participar só teñen que inscribirse contactando co Inorde a través do teléfono 988 317 933/4 ou do mail ctc-inorde@inorde.com. A xornada comezará ás 10.00 horas.

O proxecto Red Agriconect 4.0, do que o Inorde é socio, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: