O INORDE organiza os días 6 e 7 de marzo de 2026 unha acción formativa centrada na poda de respecto, unha técnica clave para prolongar a vida útil das cepas e avanzar cara a un modelo vitivinícola máis sostible.
Nos últimos anos, as podas agresivas e a intensificación produtiva reduciron significativamente a lonxevidade das viñas. A poda de respecto preséntase como unha solución eficaz para evitar a morte prematura das cepas, reducir feridas innecesarias e favorecer o equilibrio natural da planta, aumentando a súa vida produtiva.
Venres 6 de marzo | 16:00 – 20:00 h
Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro – INORDE (Xinzo de Limia)
Xornada teórica:
Conceptos básicos de fisioloxía da vide
Feridas de poda e conos de desecación
Poda de respecto
Tipos e técnicas de poda
Xestión do equilibrio
Poda de formación
Erros comúns
Sábado 7 de marzo | 10:00 – 14:00 h
Finca experimental do INORDE – detrás do Castelo de Monterrei
Xornada práctica en campo, aplicando os conceptos abordados na sesión teórica.
Poñentes:
- Enrique Santiago Pérez Espiño (Enxeñeiro Agrícola – DO Valdeorras)
- Ricardo Dobao Macía (Enxeñeiro Agrícola – Director Técnico Adega A Coroa)
Esta actuación forma parte do proxecto europeo 0035_CIRCULAR_ECOSYSTEMS_6_E, incluído no Programa INTERREG VI A España–Portugal (POCTEP 2021-2027).
Información: 988 31 79 49
dirección.centroagrogandeiro@inorde.com


