Esta mañá, o Inorde estivo presente na clausura do obradoiro de creación de decoracións do Nadal sostibles, organizado pola Asociación de Floristas de Ourense e Provincia (Aflor), en colaboración coa CEO.
Durante a fin de semana, as trece florarías participantes perfeccionaron as súas técnicas e compartiron experiencias, demostrando a paixón e dedicación que caracteriza ao sector floral en Ourense. Da man do recoñecido florista internacional Juan Chamorro, este encontro non só foi unha experiencia formativa, senón tamén un impulso para fortalecer o tecido empresarial local e destacar o valor engadido que estas profesionais aportan á provincia.
Como peche desta enriquecedora formación, realizouse unha exposición conxunta dos resultados. Ademais, a xerente do Inorde, Emma González, entregou varios diplomas ás floristas participantes.
Esta colaboración enmárcase na liña de axudas a asociacións de comerciantes da provincia de Ourense, promovida pola Deputación a través do Inorde